Nanai da China

Nanai é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciñose veciñas reixéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería…

Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras, e humor.

Rosa e Azul

Rosa e Azul é un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos . A través da manipulación de xoguetes e títeres artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, o amor, a tolerancia e a diversidade.


 

PicNic


 

PICNIC é un espectáculo da compañía Pérez&Fernández no que se empregan como linguas o galego e o inglés. PICNIC é unha excursión en familia, dous irmáns na procura dun lugar especial no que compartir unha comida campestre coa xente que queira gozar dunha merenda de contos, anécdotas, música, baile e monicreques. A quen non lle gusta un pique-nique?