Actriz, directora, pedagoga cun amplo currículum teatral leva 20 anos de carreira profesional sobre as taboas traballando para algunhas das compañías máis representativas da escena galega como Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Caramuxo Teatro… así como para O Centro Dramático Galego.

Paralelamente no audiovisual traballou en coñecidas produccións para a TVG como O sabor das Margaridas, TAC, Pazo de Familia, Matalobos, Padre Casares, Libro de familia ou A vida por diante. Participou tamén en series de emisión nacional como Hospital Central, Sin tetas no hay paraíso, Toledo ou Fariña.

Actualmente codirixe a compañía Pérez&Fernández, onde desenvolve labores de adaptación, dramaturxia, dirección e interpretación.

No 2008 foi galardoada co premio á mellor actriz, no Festival Galego de teatro FETEGA.

>>> DESCARGAR CV <<<